Economía
A AP-9 gaña 21 millóns en seis meses e ingresa por peaxes un 12% máis que antes da pandemia
Audasa cobrou en portaxes máis de 80 millóns de euros no primeiro semestre do ano, no que ingresou 17 millóns pola subvención do Estado. O tráfico da autoestrada de xaneiro a xuño supera nun 0,4% o rexistrado antes da pandemia mentres os ingresos da concesionaria soben un 12% e as ganancias, un 14%
O mercado laboral galego frea en xullo pero aínda medra e a contratación indefinida bate outro récord
O paro rexistrado sobe levemente na media estatal (+0,11%) e mantense nunha lixeira baixa en Galicia (-0,77%). A afiliación media á Seguridade Social é en Galicia a maior en termos absolutos dende finais de 2008. Os algo máis de 30.000 contratos indefinidos rexistrados son un novo máximo dende que hai datos comparables
- Datos Crise de prezos
- Economía
Os combustibles baixan ao menor prezo en medio ano en Galicia malia roldar os 1,7 euros por litro
O petróleo cotiza nun 12% menos que no inicio da guerra da Ucraína, pero o litro de gasolinas e gasóleos é arredor de 10 céntimos máis caro que daquela
O xulgado pon á venda 'El Correo Gallego' tras a quebra da editora e di que hai "máis dunha entidade do sector" interesada nel
A xuíza permitirá que as ofertas que se presenten propoñan que parte do cadro de persoal están dispostas a asumir xa que di que do contrario podería desaparecer todo o xornal
Escotet critica o imposto á banca e Sánchez confírmao: "Imos na boa dirección se os bancos protestan"
O presidente do Goberno central que dirixentes de bancos "xa protestaron pola suba do SMI ou a reforma laboral". O presidente de Abanca cre que o imposto á banca sería "daniño para todos os sectores da sociedade": "Non ten nada de positivo; agardemos que non se aprobe".
- Datos
- Economía
Galicia bate marcas en contratación indefinida e redución da temporalidade mentres aumenta o peso do sector servizos
O efecto da reforma laboral provoca que se superen por primeira vez as 700.000 persoas asalariadas con contrato fixo e sitúa a taxa de temporalidade no seu nivel máis baixo (20,1%).
Endesa insiste en pechar nas Pontes e "acelerar o cumprimento dos compromisos de descarbonización"
A compañía presenta os seus resultados do primeiro semestre do ano, con beneficios de 916 millóns, un 10% máis, nos que insiste en que "o enfoque da UE coa descarbonización e a autosuficiencia é a única solución a longo prazo"
- Datos
- Economía
Sector primario, construción e industria perden 6.600 empregos nun ano mentres os servizos crean 35.000
A ocupación aumentou en Galicia en 13.800 persoas no segundo trimestre e en 28.500 con respecto a hai doce meses, segundo os datos da EPA. Hai 13.000 parados menos que hai un ano.
Rueda anuncia 1,5 millóns de euros para ‘roubar’ empresas emerxentes a outras autonomías e que se instalen en Galicia
O Goberno galego aproba unha convocatoria de axudas para que ‘start ups’ con sede fóra “decidan trasladar aquí os seus proxectos e polo tanto os postos de traballo que supoñan”
Teresa Ribera descarta reactivar a central térmica das Pontes "agás acumulación de catástrofes"
A ministra para a Transición Ecolóxica agarda aínda o informe de Red Eléctrica sobre a idoneidade dunha reactivación que, "en principio", non parece probable, tamén polos elevados prezos do carbón.
O Supremo decidirá o 4 de outubro sobre o futuro de Ence na ría de Pontevedra
Ence comunica aos mercados que o tribunal xa notificou a data na que decidirá se ratifica ou revoca a sentenza da Audiencia Nacional que anulou a súa prórroga ata 2073