Economía
O paro mantense malia o acordo entre Goberno e transportistas que inclúe axudas e rebaixas no carburante
O Executivo central pecha un pacto con axudas de máis de 1.000 millóns de euros para o sector e unha rebaixa de 20 céntimos por litro de gasóleo. A plataforma rexeita as medidas que considera "migallas" e mantén a protesta.
O “Protocolo bancario” e a necesidade de mobilizarnos contra a exclusión financeira.
Bieito Lorenzo Penela
- Entrevista | J. Carlos García (Fegatramer) Crise de prezos
- Economía
"A suba do gasóleo non é só un problema do transporte, senón de todos os sectores. Necesitamos medidas de fondo"
Jose Carlos García Cumplido é o secretario xeral de Fegatramer, a organización máis importante do transporte en Galicia. Rexeita o paro indefinido e pide "quitar os piquetes das estradas", pero reclama accións decididas para que o aumento dos custos de combustible non impida seguir producindo "de forma competitiva" a todos os sectores
- Datos Crise de prezos
- Economía
O prezo dos combustibles é agora en Galicia ata un 50% superior que antes da pandemia
O prezo medio dun litro de gasolina en Galicia é agora uns 50 céntimos máis caro que hai un ano e os impostos que a gravan son os mesmos. Case seis de cada dez euros do imposto de hidrocarburos financian servizos públicos das comunidades autónomas, titulares de competencias como sanidade, educación e servizos sociais. A Xunta ten previsto ingresar por este concepto en 2022 case 600 millóns de euros
O agravamento da alza de prezos e o bloqueo do transporte conducen o campo galego ao "peor momento da historia"
As consecuencias da guerra na Ucraína engaden máis dificultades a un sector que reclama solucións urxentes á protesta do transporte e o cumprimento da lei da cadea alimentaria. Falamos cun gandeiro sobre o día a día na súa explotación e mais con Isabel Vilalba (Sindicato Labrego Galego) e Roberto García (Unións Agrarias)
O artigo clave da lei da cadea alimentaria que o sector agrogandeiro esixe cumprir: prohibido vender a perdas
"Cada operador deberá pagar ao inmediatamente anterior un prezo igual ou superior ao custo de produción", di a lei, aprobada definitivamente polo Congreso a finais de 2021. A responsable do cumprimento da lei é a Xunta para negocios no interior de Galicia e o Estado se as partes do contrato están en comunidades autónomas diferentes
O paro nos transportes xa bloquea sectores clave da economía galega e o Goberno central vincúlao coa extrema dereita
A mobilización paraliza importantes empresas e sectores no quinto día da protesta impulsada por unha plataforma minoritaria pero á que se unen moitos transportistas autónomos.
Lonxas a medio gas, temor no sector gandeiro e desabastecemento nalgún produto fresco polo paro do transporte
O paro convocado por unha plataforma minoritaria non impide que afecte xa á distribución de peixe, froitas ou hortalizas e que preocupe nas explotacións gandeiras pola falta de penso para os animais ou a paralización da industria láctea.
A guerra na Ucraína tamén bloquea o gran celeiro de pensos da gandaría galega e reabre o debate da soberanía alimentaria
O 40% do millo importado, esencial para a alimentación do gando, provén do país agora invadido por Rusia. A flexibilización para comprar o cereal na Arxentina ou o Brasil suaviza a situación do sector gandeiro, xa afogado pola suba dos custos de produción.
Comezan a funcionar os primeiros 5 caixeiros dos 38 que a Xunta subvenciona a Abanca
O Goberno galego prevé axudar ao banco con 1,2 millóns de euros en catro anos e salienta que haberá un “servizo de asistencia financeira e de formación”, pero obvia que non será de máis de dúas horas á semana
As guerras tamén cotizan en Bolsa
Manoel Barbeitos