Economía
- Entrevista | Rosa Abuín (CIG)
- Economía
"O convenio do sector da conserva non o conseguiron os sindicatos, senón as traballadoras que durante semanas pelexaron por el"
CIG e UGT asinaron este xoves coa patronal un preacordo sobre o novo convenio colectivo do sector, que deberá ser ratificado agora pola asembleas do persoal e que contou co rexeitamento de CC.OO. O pacto, que pon fin ao conflito laboral das últimas semanas, inclúe unha suba salarial de acordo co IPC real e a progresiva supresión da fenda de xénero nun ámbito no que as mulleres son o 80% do persoal.
Mercar unha vivenda na Galicia urbana é hoxe un 20% máis caro que hai cinco anos
O encarecemento mesmo supera o 20% en Oleiros, Culleredo, Redondela ou Arteixo, acelerándose durante o último ano na maior parte de cidades e grandes vilas. Únese ao aumento dos alugueiros (un 25% dende o 2016) para dificultar o acceso á vivenda de gran parte da poboación
- Entrevista | Rosa Abuín
- Economía
"Cando o sector da conserva se mobiliza, vai a por todas. As protestas van continuar a pesar das ameazas de peche patronal"
As traballadoras das conserveiras de toda Galicia manifestaranse estes sábado 19 en Boiro e están chamadas a tres días de folga en marzo. De fondo, a negociación do novo convenio colectivo, con desacordo sobre o incremento salarial e a eliminación da fenda de xénero nos soldos. Falamos con Rosa Abuín, responsable da FGAMT-CIG da comarca do Salnés
O sector da conserva redobra as mobilizacións ante a negativa da patronal a aceptar un incremento salarial acorde coa suba do IPC
Boiro acolle este sábado 19 unha manifestación e en marzo están convocadas tres novas xornadas de folga, que se suman aos paros das últimas semanas. Os sindicatos esixen tamén que se corrixa a fenda salarial entre homes e mulleres e garantías contra a precariedade.
Suba das pensións mínimas e revalorización co IPC, demandas do movemento pensionista, que se manifesta en Ribadeo e Cangas
As marchas, convocadas por MODEPEN, apostan por blindar o seu carácter público, piden que non haxa pensións por debaixo do limiar da pobreza, eliminando a fenda de xénero e aumentanto a mínima ata equipararse ao SMI, e reclaman que se revaloricen "en función do incremento do IPC Medio"
- Datos Exclusión financeira
- Economía
Galicia bate récords de cartos depositados nos bancos mentres o número de sucursais é o menor dende 1974
Contra finais de 2021 os depósitos bancarios superaron en Galicia os 70.000 millóns de euros por primeira vez dende que hai datos comparables e as sucursais xa son apenas mil. Os peches acelerados tras a quebra e rescate de Novacaixagalicia e a súa venda a Banesco agudizáronse coas desaparicións do Pastor e do Gallego e, máis recentemente, coa absorción de Bankia por CaixaBank mentres o sector tende a desprazar a clientela cara aos servizos dixitais
Abanca cifra en 2.000 euros anuais o que perderá con cada caixeiro que lle subvenciona a Xunta e di que o fai pola clientela
A entidade presenta uns beneficios de 323 millóns en 2021 e anuncia que este mes comezará a instalación en 39 concellos que quedaron sen servizos bancarios dos aparellos aos que Goberno galego destinará 1,2 millóns en catro anos
- Datos
- Economía
O paro rexistrado en Galicia é menor ao do xaneiro previo á pandemia e a contratación indefinida 'rebota' ata o 83%
O mercado laboral galego continúa recuperándose da COVID con menor ritmo que a media estatal. A CIG observa nos datos "os efectos máis perversos da nova reforma" e "contratación eventual agochada baixo o eufemismo dos fixos discontinuos"; CC.OO advirte unha "mellora da contratación indefinida como consecuencia" da nova normativa
A recuperación do emprego en Galicia non chega á mocidade nin ás persoas paradas de longa duración
A pesar da mellora xeral dos datos que se produciu no ano 2021, o número de galegos e galegas que leva máis 12 meses sen atopar un emprego pasou de 49.900 a 59.000. A taxa de paro nos menores de 30 anos medrou varios puntos dende o 2019.
Ence gábase de "culminar a parada técnica anual con cero accidentes con baixa"
A empresa asegura que “tampouco se produciu ningún contaxio por coronavirus no interior das instalacións”
A CIG reclama en once mobilizacións a "derrogación real" das dúas últimas reformas laborais
"O despedimento segue a ser igual de fácil e barato" que na reforma de Rajoy, critica a central sindical soberanista. Ana Pontón, que participou nunha das concentracións, subliña que o BNG non apoiará o decreto se non supón "recuperar os dereitos que o PP roubou aos traballadores" hai unha década