As persoas entre 30 e 44 anos e as familias con crianzas, quen máis prexuízo económico sufriron por mor da pandemia
Un 28% das persoas entre 30 e 44 anos viron baixar nalgún momento os seus ingresos, segundo o IGE, aínda que o emprego non se viu moi afectado. O IGE pon números ao efecto negativo da pandemia sobre a conciliación ou sobre determinadas actividades. O 41,5% das mulleres afirma que a súa saúde emocional empeorou, fronte ao 31,1% dos homes