O prezo dos combustibles repunta en Galicia no final de agosto logo de dous meses de descenso
O gasóleo é un 31% máis caro que hai un ano e a gasolina, un 13%, aínda tendo en conta o desconto estatal.
O gasóleo é un 31% máis caro que hai un ano e a gasolina, un 13%, aínda tendo en conta o desconto estatal.
Tanto as Rías Baixas coma a Mariña e a Costa da Morte recibiron o mes pasado máis viaxeiros que nunca nestas datas, con cifras que se sitúan por riba dos datos anteriores á pandemia. Tamén Compostela bateu o seu récord de visitantes.
UGT-Galicia demanda un "plan de choque" para reducir a sinistralidade laboral, que aumentou un 25% con respecto ao primeiro semestre de 2021. O case medio cento de falecementos de xaneiro a xuño case igualan as cifras do conxunto do ano anterior.
O alcalde de Foz acusa o Goberno galego de utilizar a comarca cun "claro interese electoralista" tras descartarse a localización da fábrica de fibras téxtiles na Mariña e augura que co proxecto ocorrerá igual que coas promesas incumpridas tras o acordo do Executivo coa petroleira mexicana.
O grupo Lence inclúe, entre as súas marcas, Leche Río, Leyma ou Solar, ademais doutras compañías. Con varias décadas de historia e máis de 300 millóns de litros de leite comercializados por ano, nel confórmase principal grupo lácteo galego. Á fronte, unha muller que asumiu a responsabilidade en 2019.
O importe da gasolina, aplicado o desconto, é de 1,62 euros, o mesmo que o día antes de que Rusia iniciase a invasión e se disparasen os prezos dos carburantes. O prezo do gasóleo é semellante pero aínda maior ao que marcaba antes do conflito.
Lugar da Veiga produce desde Chantada as famosas galletas mariñeiras. Conta con máis de 80 traballadores e máis da metade son tamén socios dunha empresa que factura máis de 6 millóns de euros ao ano cun proxecto baseado no compromiso co medio e co local e na calidade dun produto plenamente natural.
A variación interanual no transporte baixa no último mes coincidindo coa baixada dos combustibles, pero na alimentación segue medrando
A empresa estima que ao depósito actual quédanlle “aproximadamente 4 anos de actividade” e inicia os trámites para a súa cuarta ampliación, que lle daría outros tres anos e medio de vida útil
Casa Grande de Xanceda é o segundo maior produtor ecolóxico do Estado e o primeiro de Galicia. Nas súas 200 hectáreas de prados e bosques autóctonos pacen máis de 300 vacas e co seu leite elabóranse todo tipo de produtos lácteos dunha gandería que, en 2002, foi unha das primeiras en certificarse oficialmente como ecolóxica.
CIG-Correos reclama recuperar a banca pública para "dotar a cidadanía dun servizo esencial" e tamén para "parar os pés con feitos reais" ás grandes entidades bancarias. A 'Caja Postal de Ahorros' existiu como tal de 1916 a 1991, cando o Estado a integrou en Argentaria, pouco despois privatizada e diluída no BBV