Indra é condenada por represaliar unha sindicalista da CIG á que vulnerou a súa dignidade persoal
O Supremo desestima un recurso dunha empresa do grupo controlado polo Estado e fai firme unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que obriga a indemnizar a traballadora, á que mudaran de posto e deixaran sen ocupación efectiva. O TS nin sequera admitiu a trámite o recurso da empresa e fixo firme a sentenza do alto tribunal galego, que ordena restituír á traballadora "na integridade dos seus dereitos"