Un aluvión de sentenzas de tribunais galegos ratifica o dereito a mudar horarios laborais para conciliar
Varios ditames nos últimos meses condenaron a Xunta, CRTVG, Inditex, Mercadona ou Carrefour por vulnerar dereitos fundamentais ao negar a traballadoras a adaptación horaria para coidar fillos. Ordenan modificar a xornada e indemnizar as afectadas por danos morais e mesmo por discriminación por razón de sexo.