Economía
Lugo, única cidade sen ningunha conexión a prezo súper reducido nos autobuses concesionados pola Xunta
Tras Lugo, a seguinte cidade galega con menos conexións por bus a prezo inferior a un euro é Ourense. Só dispón dela con Santiago, única ruta na que compite co tren. Ferrol tenas con Vigo, Santiago e Pontevedra pero non coa Coruña, a súa cidade máis próxima e coa que ten conexións ferroviarias moi deficientes. Monbús, principal empresa do sector, lanzou os descontos adicionais para "responder aos abonos ferroviarios gratuítos" e advirte de "avalanchas" de usuarios
O Estado autoriza o peche de media central de Endesa nas Pontes
Transición Ecolóxica dá o visto e prace á clausura dos dous grupos inoperativos e condiciona o final dos outros dous "ao reforzo da dispoñibilidade de potencia no sistema eléctrico".
Unanimidade en Galicia contra o veto á pesca de fondo imposto pola Comisión Europea en 87 zonas do Atlántico
A Consellería do Mar estima que afecta directamente a uns 200 barcos de capital galego. Goberno galego, PP, BNG e PSdeG censuran que a UE non tivese en conta o sector e que trate igual artes de pesca dispares para decidir unha prohibición na que, advirten, non ten en conta a súas repercusións socioeconómicas
A folga nas escolas infantís e residencias de maiores da Xunta completa a súa primeira fase e reiniciarase en outubro
O paro iniciouse o pasado 5 de setembro, apoiado en exclusiva pola CNT, que critica a falta de vontade do Goberno galego para negociar cambios nun proceso selectivo que -denuncia- valora escasamente a experiencia no posto de traballo. Unha nova folga está convocada do 3 ao 14 de outubro
Os produtores responden á cesta da compra básica: "A solución é cumprir a lei e evitar as marxes abusivas"
SLG e UUAA lamentan que o debate sobre a proposta da ministra Yolanda Díaz deixe fóra o sector agrogandeiro, "o elo máis débil da cadea", e piden aumentar o control para facer cumprir a lei da cadea alimentaria e baixar así os prezos: "Non confiemos no voluntarismo da distribución".
A UE chama ao aforro enerxético e recortará os beneficios das eléctricas: "O mercado xa non funciona"
A Comisión Europea propón limitar os ingresos extraordinarios das eléctricas que producen enerxía barata e impoñer unha "contribución solidaria" sobre os beneficios extra das que usan fontes fósiles. En total, uns 140.000 millóns para rebaixar a factura da luz. "Estes ingresos poden utilizarse para proporcionar axudas á renda, descontos [na factura de electricidade], investimentos en enerxías renovables, eficiencia enerxética ou en tecnoloxías de descarbonización", sinala a proposta
O Supremo ratifica a nulidade do ERTE aplicado por XEAL en 2020 e subliña a "mala fe" da empresa
Para a CIG o auto ratifica "que non existían causas organizativas e que o único que buscaba a empresa era aproveitar a pandemia para aforrar cartos e avanzar no plan de recorte da produción". O sindicato critica unha vez máis "a fraude que supuxo a operación de venda do complexo industrial e enerxético" de Ferroatlántica
- Datos Crise de prezos
- Economía
O encarecemento do leite nun 30% únese ao de ovos, aceite ou patacas e pon a cesta da compra fóra do alcance de moitas familias
A electricidade e a calefacción encareceron un 52% nos últimos 12 meses e os carburantes, malia ás baixadas dos dous últimos meses, un 27%. Os alimentos son un 13% máis caros que hai un ano, os mobles un 11% e a roupa un 8%
A inflación en Galicia sitúase no 11% e segue medio punto por riba da media estatal
O encarecemento dos prezos segue a ser responsabilidade das facturas de luz, gas e auga, cun incremento do 52,3% nos últimos 12 meses. En agosto baixaron notablemente os carburantes, pero mantívose a suba dos alimentos elaborados e dalgúns produtos básicos, coma o leite, o azucre e as legumes e hortalizas frescas
O persoal de Hiperxel denuncia atrasos nas nóminas e falta de mercadoría nas tendas
Advirte de problemas desde hai seis meses nas tendas propiedade do grupo Vinova desde o verán de 2021.
A cesta da compra "sa" e a prezo moderado que pretende o Estado: ovos, peixe, carne, hortalizas e lácteos
A ministra Yolanda Díaz defende unha medida "totalmente legal" que busca pactar con supermercados e hipermercados para impulsar produtos básicos a un importe limitado ata despois do Nadal.