Suspendida a circulación de trens na liña A Coruña-Ferrol. Renfe informa de que prestará os seus servizos de longa distancia por estrada neste tramo durante toda a fin de semana. As persoas que tiñan billetes para trens de media distancia neste treito tamén serán desprazadas en vehículos por estrada ao longo deste venres e a compañía avaliará se retoma a circulación destes trens o sábado. A primeira hora desta mañá a caída dunha árbore sobre as vías impediu o paso dos trens entre Betanzos e Oza dos Ríos, solucionouse o incidente pero outras árbores volveron interroper a circulación a causa do temporal. [Imaxe de arquivo CC-BY-SA Jon T2008]
