A Xunta activa no litoral da Coruña e Lugo a alerta vermella por temporal na costa, con ondas que poden chegar aos 10 metros. No resto do litoral galego a alerta será laranxa. Tamén se activa esta medianoite a alerta laranxa por vento no noroeste da Coruña e na Mariña de Lugo, con refachos que poden chegar aos 100 km/h, segundo as previsións de AEMET.
