Toda a poboación galega que teña entre 65 e 79 anos e que acuda a recibir a vacina fronte a gripe como parte da campaña anual que se porá en marcha nos grandes recintos de vacinación, situados en todas as áreas sanitarias de Galicia, poderá participar no ensaio GALFLU, desenvolvido entre a Consellería de Sanidade e investigadores do Grupo de Xenética, Vacinas e enfermidades infecciosas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. O estudo quere comprobar se a versión da vacina de alta carga da gripe –que xa se emprega en maiores de 80 anos– é igualmente beneficiosa neste grupo poboacional.
