A Xunta rectifica e fará unha nova avaliación ambiental da Rolda Leste de Lugo. O proxecto que o Goberno galego retomou a comezos deste ano podería afectar no seu último treito ao paseo ou cinto verde a carón do río Rato.
Fálase
A Policía Nacional ten en marcha unha operación contra unha organización criminal ligada ao nazismo e o supremacismo branco con intervencións en municipios de Lugo, Madrid ou Catalunya. Segundo as forzas policiais, Combat 18 está vinculada ao "nacional socialismo".
Os Premios da Cultura Galega 2023 premian a poeta Yolanda Castaño, o historiador Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, a produtora audiovisual Portocabo, a iniciativa Ponte...nas Ondas! e a compañía PistaCatro. A Xunta distingue con estes galardóns "a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural" galego, así como "o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia".
- Letras: Yolanda Castaño
- Artes Visuais: Museo do Gravado á Estampa Dixital de Artes (Ribeira)
- Artes Escénicas: PistaCatro
- Música: Banda de Música Unión de Guláns (Ponteareas)
- Audiovisual: Portocabo
- Lingua: Ponte...nas Ondas!
- Patrimonio Cultural: Eduardo Pardo de Guevara y Valdés
- Proxección Exterior: Cursos de verán Galego sen fronteiras
Pepe Barro, Cenlitros, Xerión e Sargadelos, entre os finalistas da edición 2023 dos Premios Gràffica, referencia da cultura visual no Estado
O Corno, de Jaione Camborda, é a película en galego máis vista na súa primeira fin de semana da historia. A segunda longametraxe da cineasta veciña de Compostela, gañadora da Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián, convocou máis de 20.000 espectadores nos seus cinco primeiros días nos cines. É o filme español triunfador en Donostia que logra un mellor arranque da súa andaina nas salas comerciais desde Os luns ao sol, de Fernando León de Aranoa, rodada en Vigo e estreada en 2002. [Fotografía da estrea nos Cantones Cines da Coruña © Mario Llorca]
O ex-secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, anuncia que retira a súa candidatura ao proceso de primarias da formación. Caballero afirma nun comunicado que o partido "opta por outra candidatura" e que a súa retirada é unha mostra de "lealdade e responsabilidade". Manteñen a súa candidatura José Ramón Gómez Besteiro, gran favorito para a elección, e o coruñes Manuel Losada Fernández.
15 cidades e vilas galegas acollen no serán deste luns concentracións en solidariedade co pobo palestino ante a ameaza dunha invasión israelí en Gaza.
Un traballador morre nun serradoiro de Carral. Despois da alerta ao 112, ao lugar desprazáronse forzas de seguridade e efectivos sanitarios, que só puideron certificar o falecemento.
A Xunta convoca a Mesa do Sector Naval para o 25 de outubro. Os sindicatos CC.OO, CIG e UXT aseguran que a ameaza de folga tras a última morte na ría de Vigo tivo efecto e a Xunta viuse obrigada a convocar a Mesa de Apoio ao emprego do Sector Naval da provincia de Pontevedra. A patronal aínda non confirmou a súa asistencia.
[Foto: CIG]
Un incendio que afecta a máis de cen hectáreas en Trabada activa a alerta de ‘situación dous’ pola proximidade a vivendas nos núcleos de poboación de Barreiros, Vidal e Penacova, segundo informa Medio Rural. Imaxe de arquivo CC-BY-SA UME