Seguimento "masivo" da primeira xornada de folga das traballadoras e traballadores das escolas infantís privadas ou de xestión indirecta –na etapa de 0 a 3 anos– para reclamar un convenio "digno" e uns salarios "xustos". A CIG confirma que de non producirse avances significativos a folga continuará o día 25 e os días 8 e 15 de novembro. A Coruña e Vigo acolleron concentracións de traballadoras para denunciar o "bloqueo patronal á negociación" dun convenio no que as táboas xa quedaron por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional. [Fotografía deste xoves en Vigo CC-BY-SA CIG]
