Betanzos suspende a feira mensual que tería que celebrarse na vila hoxe, día 16, pola existencia de 6 casos de coronavirus na vila, "catro dunha mesma familia e outros dous veciños que residen na mesma vivenda". "Estes dous casos non teñen relación ningunha entre eles", sinala o goberno local nun comunicado, no que sinala que está á espera de máis datos da Xunta, xa que "recibe a información, case sempre, despois de ser publicada nos medios de comunicación".
