O salto ao cinema de El Cuerpo de Cristo, da coruñesa Bea Lema, estrearase na sección oficial do Festival Internacional de Cinema Documental e Curtametraxes de Bilbao o vindeiro novembro. A curta está dirixida pola propia autora da novela gráfica, pola que recibiu o Premio Nacional de Cómic 2024 do Ministerio de Cultura e que xa vai pola sétima edición en castelán e a segunda en galego. Na imaxe, o cartel do filme, coproducido por UniKo e Abano Producións.
- ENTREVISTA | Bea Lema: "Sentín que tiña que contarme a miña propia historia"