Israel volve bombardear Gaza despois de que Netanyahu anunciara “ataques contundentes” e "inmediatos" contra o territorio ocupado. O Ministerio de Defensa israelí acusara previamente a Hamás de atacar as súas tropas
🎃
Israel volve bombardear Gaza despois de que Netanyahu anunciara “ataques contundentes” e "inmediatos" contra o territorio ocupado. O Ministerio de Defensa israelí acusara previamente a Hamás de atacar as súas tropas
O Xulgado Contencioso Administrativo de Ourense acepta a medida cautelar urxente presentada polo alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, e suspende a tramitación da moción de censura que debía votarse este mércores ao poder existir causas de nulidade. O rexedor do PSdeG denunciara que dous dos catro asinantes da moción de censura impulsada polo PP "non compareceron de forma presencial, nin se testificou a súa firma ante o secretario ou o notario, tal e como recolle a lei”
O PP confirma a súa ausencia na homenaxe no Congreso aos derradeiros fusilados polo franquismo, entre eles os galegos Xosé Humberto Baena e José Luis Sánchez Bravo. "Eran terroristas", resolve a voceira dos populares na Cámara Baixa, Ester Muñoz, quen di non "discutir" que "poidan ser consideradas vítimas do réxime" pero "discuto que sexan heroes que merezan un recoñecemento". O pasado agosto o Goberno de España fixo oficial a reparación oficial de Baena declarando "ilegal e ilexítimo" o tribunal que o xulgou e como "ilexítíma e nula" a condena ditada contra el nun proceso inzado de irregularidades.
Rueda anuncia a creación en 2026 "dunha fundación de colaboración público-privada para desenvolver un novo modelo de investigación forestal". O presidente da Xunta anunciouno no encontro Piñeiros 25 -na imaxe- que está a desenvolver en Santiago a Fundación Arume, a entidade na que participan varias das principais empresas do sector forestal, xunto con organizacións de propietarios, a Universidade de Vigo ou Abanca, entre outras.
Caixa Rural Galega abre en Viveiro a súa oficina número 48. A entidade cooperativa sinala esta nova apertura pretende "reafirmar o compromiso con Galicia, co desenvolvemento rural e co apoio a familias, empresas e emprendedores que fan medrar esta taerra". "Abre co mesmo espírito que se fundou a entidade, axuda mutua e desenvolvemento de Galicia", engade o seu presidente, Manuel Varela -na imaxe, intervindo durante o acto de inauguración, este luns-.
O TSXG rexeita suspender de forma cautelar a ampliación da balsa de lodos vermellos de Alcoa autorizada pola Xunta. Desbota así a pretensión dunha asociación ecoloxista de suspender cautelarmente a resolución do Goberno galego que deu o visto e prace ao plan de restauración e o proxecto de construción do recrecemento do depósito, situado no termo municipal de Xove
A dirección de Junts per Catalunya decide romper o acordo de investidura asinado co PSOE en 2023. Carles Puigdemont detallará nunha conferencia de prensa as razóns da ruptura dun pacto que implicou, entre outros aspectos, a aprobación da amnistía e cuxa quebra definitiva o partido valorou nos últimos días sometela a unha consulta entre a súa militancia. Na imaxe [©JxCat], a executiva da formación reunida este luns en Perpinyà.
O partido de Milei vence nas lexislativas da Arxentina con algo máis do 40% dos votos, case seis puntos por riba do peronismo, o que amplía a súa marxe para aplicar a axenda de extrema dereita que impulsa dende a presidencia do país.
O Goberno municipal de Arzúa rexeita o "ataque fascista" cometido nas útimas horas contra a escultura de Juan Vidal, alcalde da localidade fusilado polos golpistas en 1936. O Executivo formado por BNG, A.A. e PSdeG traslada a súa "profunda preocupación" por este acto vandálico, "que pretende sementar o odio e borrar a nosa historia", contra o "patrimonio colectivo" e "a memoria democrática". "Desde o goberno municipal expresamos o noso apoio e solidariedade coa familia de Juan Vidal e coa de todas as persoas represaliadas en Arzúa, así como con todas as persoas que manteñen viva a memoria das vítimas da represión franquista", aseguran. O Concello avanza que restaurará a escultura e pedirá que as autoridades competentes investiguen os feitos. [📷 CC-BY-SA BNG Arzúa]
Medio Rural suspende durante 21 días todas as feiras, certames, poxas, mercados e concentración de gando en Galicia a partir deste luns 27 como medida preventiva ante o avance da dermatose nodular contaxiosa entre os animais. Segue vixente o período de vixilancia veterinaria oficial para todos os bovinos procedentes de explotacións localizadas fóra do noso país e prohibirase a entrada de animais procedentes de explotacións situadas nas zonas declaradas como restrinxidas á dermatose nodular contaxiosa. O gando vacún que cheguen a Galicia con destino a sacrificio poderá acceder sempre que sexa trasladado directamente aos matadoiros.