Xinzo de Limia activa o Plan Municipal de Inundacións ante a situación de emerxencia que se vive na comarca pola acumulación de choivas. Predios e estradas están asolagadas nun amplo espazo, especialmente nos termos municipais de Xinzo e Sandiás e na área que ocupaba a Lagoa de Antela ata a súa desecación artificial, como sucede de forma periódica.