O tempo mellorará este venres en Galicia, con chuvascos illados especialmente pola mañá no oeste do país e unha lixeira suba das temperaturas. O sábado as chuvias serán máis frecuentes. Este xoves as precipitacións están a ser importantes no sur de Galicia, con temperaturas mínimas que chegaron a superar os -5 graos na montaña ourensá.
Fálase
A Illa Pancha de Ribadeo acolle na mañá deste xoves un novo reto de ondas xigantes, no que participan surfistas de primeiro nivel internacional, como Eric Rebiere, Willyan Santana, Juliette Lacome ou Mason Barnes.
A Deputación de Lugo rexeita a fábrica que Altri proxecta instalar en Palas de Rei. O pleno do ente provincial rexeitou coa maioría de votos de PSdeG e BNG unha moción presentada polo PP que pretendía apoiar o proxecto da empresa portuguesa. [Na imaxe, o plano da factoría que Altri proxecta en Palas, incluído na documentación exposta ao público para a tramitación ambiental © Greenfiber S.L.]
Un tribunal británico frea a extradición de Julian Assange e reclama a Estados Unidos máis garantías de que terá un xuízo xusto e non será condenado a morte. Haberá unha nova vista en maio para revisar novamente a extradición autorizada o pasado ano polo Goberno do Reino Unido.
Vigo dá o primeiro paso para obter a declaración como 'zona tensionada' do mercado da vivenda. O pleno municipal aproba unha moción do BNG que inclúe medidas para frear o aumento dos prezos dos alugueiros e limitar a proliferación dos pisos turísticos, así como solicitudes desde o Concello de Vigo para que tanto a Xunta como o Goberno de España "despreguen alternativas" nesta materia. O Estado presentou en febreiro un índice de prezos a aplicar nas declaradas como 'zonas tensionadas'. Porén, a dirección central do PP, liderada por Feijóo, xa advertiu de que "as comunidades autónomas do PP non aplicarán o índice de prezos de alugueiros".
O Consello de Seguridade da ONU aproba esixir "un alto o fogo inmediato" de Israel en Gaza cadrando co Ramadán, así como a "liberación inmediata e incondicional de todos os reféns" de Hamás. "Esta resolución debe ser aplicada" e non facelo sería "imperdoable", considera o secretario xeral da organización, António Guterres. [Imaxe: UN Photo]
Activada para este martes a alerta de nivel laranxa no mar por vento intenso e ondas entre cinco e sete metros de altura. A Axencia estatal de meteoroloxía (Aemet) informa de que o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo a partir das 14h do martes 26 na costa da Coruña e Pontevedra, e está previsto que se estenda a todo o litoral galego a partir da madrugada [na imaxe]. Haberá vento do noroeste forza 7 e ocasionalmente forza 8 e mar combinada do noroeste.
A Audiencia Nacional revoga a súa orde de bloquear cautelarmente Telegram. O xuíz Santiago Pedraz dita agora unha providencia pedindo á Policía un informe sobre as consecuencias que tería a medida no conxunto de persoas usuarias do servizo de mensaxería.
A calidade do aire en Lugo cualifícase como "moi mala" nas últimas horas debido á concentración de partículas contaminantes. A medición de MeteoGalicia [na imaxe] na estación industrial localizada na área rural de Vilar, no concello de Lugo, ao sur da empresa Tableros Hispanos, S.L.U, propietario da mesma, achega cifras de contaminación elevadas pola intrusión de masas de aire africano. As recomendacións neste nivel de contaminación indican que se trata de condicións de "emerxencia para a saúde pública" e que "a poboación enteira pode verse seriamente afectada". Ademais, sinálase que é recomendable evitar toda actividade física no exterior mentres se manteñan os elevados niveis de contaminación.
A Audiencia Nacional ordena a suspensión cautelar do Telegram. O xuíz Santiago Pedraz emitiu unha orde contra a aplicación de mensaxería instantánea a partir dunha denuncia relacionada cos dereitos de autor presentada polas empresas Mediaset, Atresmedia e Movistar Plus. Está previsto que Telegram deixe de funcionar ao longo deste sábado. [Foto de Rubaitul Azad en Unsplash]