O Goberno de España propón que a nova fiscal xeral do Estado sexa Teresa Peramato, especializada na loita contra a violencia machista e con 35 anos de carreira. Este martes o Consello de Ministros inicia o proceso para nomeala como substituta de Álvaro García Ortiz, que renunciou ao cargo xusto despois de que o Supremo o condenase a inhabilitación por revelación de segredos no caso do mozo de Ayuso. Na imaxe, Peramato tomando posesión como fiscal de Sala Xefa da Sección Penal da Fiscalía do Tribunal Supremo, o pasado febreiro [© Fiscalía Xeral do Estado]