A folga na CRTVG comeza cun "importante" seguimento, sobre todo na redacción, segundo fontes sindicais. A programación matinal viuse afectada na TVG, que tivo que suspender a emisión do programa 'A Revista', substituído pola repetición doutro programa.
Fálase
O deportista viveirense Adrián Ben é campión de Europa en 800 metros, fíxose coa medalla de ouro este domingo no campionato europeo en pista cuberta. [Imaxe © Real Federación Española de Atletismo]
O BNG rexistrará no Parlamento a Lei de creación da Valedoría da Igualdade, un organismo autónomo que "velará polo respecto e a garantía dos dereitos das mulleres no sector privado, con capacidade para impulsar sancións diante de situacións de discriminación por razón de xénero". "Trátase dun organismo público que existe desde hai anos nos países nórdicos, cuxa creación recomendan as institucións europeas, e co que queremos situar a Galiza nos máis altos estándares de defensa da igualdade", asegurou Ana Pontón tras unha xornada de traballo entre máis dun centenar de mulleres da formación nacionalista.
A portavoz nacional do BNG alertou este domingo da necesidade de introducir a perspectiva de xénero de maneira transversal na xestión municipal, para o que "é fundamental deseñar unha axenda feminista galega. Unha folla de ruta coa que seguir ampliando dereitos e construíndo a Galiza da igualdade: concello a concello, vila a vila".
Aurora Marco é a 'Señora das Letras' deste 2023. A plataforma de crítica literaria feminista A Sega escolle a escritora, profesora e investigadora para celebrar o Día das Galegas nas Letras, "que busca celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular".
HEMEROTECA | Luísa Villalta, escollida 'Señora das Letras' do ano 2022: "celebrámoste lúcida e comprometida"
Xa están en vigor os Plans de Ordenación dos Espazos Marítimos (POEM) para todo o litoral do Estado. Os cinco plans, que seguen as demarcacións mariñas, publicáronse no BOE deste sábado. O Consello de Ministros do 28 de febreiro aprobounos definitivamente, con dous anos de demora. Estes documentos establecen as restricións ou potencialidades de cada zona para diversos tipos de usos do mar, entre os que destacan as futuras instalacións de enerxía eólica mariña.
Pedro Sánchez anuncia unha lei para garantir a paridade nos centros de decisión políticos e da empresa privada. "Imos aprobar 'listas cremalleira' e a paridade no Consello de Ministros, nos consellos de administración das grandes empresas, nas xuntas de gobernos nos colexios profesionais e nos xurados de recoñecemento público de personalidades", afirmou nun acto do PSOE sobre feminismo con motivo do Día Internacional da Muller. O presidente do Goberno avanzou que o proxecto de lei será aprobado na reunión do Consello de Ministros deste martes. Cóntao Infolibre.
"O Ministerio de Xustiza preferiu manter unha mentira, que custará millóns de euros das arcas públicas, que cumprir o acordo ao que chegara cos Letrados da Administración de Xustiza", afirman nun comunicado os letrados da Administración de Xustiza de Galicia, en folga desde o 24 de xaneiro, que denuncian o inicio dunha "campaña de desprestixio" por parte de Ministerio, ao que acusan de negar uns acordos –cuxo incumprimento levou á folga– que seguen publicados no seu sitio web.
Veciñanza de Noia e colectivos ecoloxistas como Greenpeace, Verdegaia, Ecoloxistas en Acción e a Federación Ecoloxista Galega mobilízanse na vila baixo o lema Non á mina, si á ría en contra da autorización dun vertido de augas que proveñen da mina de San Finx, en Lousame, que chegaría á ría de Muros e Noia. Na protesta participan a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e mais o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso. [Imaxe CC-BY-SA Greenpeace Galicia]
HEMEROTECA | Outra declaración como imputado do ex-director de Minas dificulta a promoción do sector que vén facendo a Xunta
HEMEROTECA | O futuro da mina de San Finx, en mans dunha empresa "opaca" que xera dúbidas sobre a xestión dos seus vertidos
Fuxan os Ventos publica a canción inédita "Eu en ti" como homenaxe ao seu histórico compañeiro Moncho Díaz, falecido o 17 de febreiro. Coas celebracións do 50 aniversario da formación musical, Díaz participou na actuación da inauguración da mostra Fuxan os Ventos. 50 anos de historia no Vello Cárcere de Lugo e na gravación dete tema como solista.
"Eu en ti" é un poema de Celso Emilio Ferreiro musicado por Xoán Luís Fuertes Saavedra. Na parte instrumental contaron coas colaboracións de Guillerme Fernández na guitarra, Simón García no contrabaixo, Roi Adrio na percusión e o cuarteto Saiva Nova (Fernando do Campo, concertino; Iván Novo, violín; Sergio Sieiro, viola; e Rosalía Vázquez, violonchelo). A canción foi mesturada e masterizada por Arturo Vaquero e o deseño da capa é de Manuel Lucas. Pódese escoitar aquí.
O persoal da CRTVG cumpre 250 semanas de mobilización nos venres negros só días antes da folga convocada o vindeiro luns nos medios públicos galegos contra a "manipulación" e as "represalias". Defende A Galega insiste en rexeitar as "inxerencias políticas e unha Dirección Xeral fóra da lei".