Fuxan os Ventos publica a canción inédita "Eu en ti" como homenaxe ao seu histórico compañeiro Moncho Díaz, falecido o 17 de febreiro. Coas celebracións do 50 aniversario da formación musical, Díaz participou na actuación da inauguración da mostra Fuxan os Ventos. 50 anos de historia no Vello Cárcere de Lugo e na gravación dete tema como solista.
"Eu en ti" é un poema de Celso Emilio Ferreiro musicado por Xoán Luís Fuertes Saavedra. Na parte instrumental contaron coas colaboracións de Guillerme Fernández na guitarra, Simón García no contrabaixo, Roi Adrio na percusión e o cuarteto Saiva Nova (Fernando do Campo, concertino; Iván Novo, violín; Sergio Sieiro, viola; e Rosalía Vázquez, violonchelo). A canción foi mesturada e masterizada por Arturo Vaquero e o deseño da capa é de Manuel Lucas. Pódese escoitar aquí.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/51wsjv0pqhl-ux716-fmwebp-ql85-jpg-609b01e.webp)