Ana Baneira, a galega encarcerada máis de catro meses en Irán, aclara que foi acusada de espionaxe. Nunha entrevista a axencias, a moza coruñesa asegura que non participou en protesta ningunha e que foi detida nunha gasolineira arredor do 12 de outubro. "Non son activista; é irrespectuoso que mo chamen cando hai activistas de verdade que están a facer un traballo", di.
