O Concello de Vigo inicia dilixencias por falta de permiso para a lona publicitaria da candidata do PP á alcaldía instalada nun edificio en obras do centro da cidade. A tamén delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, considera “incrible” saber da retirada da lona mentres está recuperándose dunha intervención cirúrxica na columna, divulgada por ela mesma en Twitter.
