A RAG recompila oito discursos de ingreso de académicos que xiraron arredor de Rosalía, desde Carvalho Calero ata Luz Pozo Garza. Eses textos e outras alocucións dedicadas a Rosalía están dispoñibles na web da academia.
Fálase
Falece Xulio Amigo, director comercial de Editorial Galaxia e ex-presidente de Culturgal.
Comeza o derrubamento do viaduto da Ronda de Nelle, o scalextric da Coruña. A obra foi impulsada no anterior mandato por Marea Atlántica e asumida polo actual goberno local socialista.
O Teatro Colón da Coruña acolle este sábado a estrea de 'Rosalía', unha obra para nenos e nenas sobre a infancia da escritora. Hai uns días falamos coa súa directora, Fina Calleja: "O apego de Rosalía á terra non é contemplación. É revolucionario, consciente. Non é unha paisaxe de postal, nostálxica".
En Marea decide non presentarse ás eleccións dous días despois de que Luís Villares anunciase que deixa a política. Tras a marcha do seu líder, a formación toma a decisión “para non fragmentar o voto progresista”. Ampliamos aquí a información.
O 83,8% dos participantes na consulta de Podemos Galicia sobre se ir en coalición ás eleccións galegas apoian esa fórmula, que aínda se está a negociar con Anova e mareas municipais. Segundo a formación, na consulta celebrada este xoves participaron 3.728 persoas, das que o 83,8% dixo si, o 12,5% non e o 3,7% abstivéronse. Este venres remata o prazo para comunicar as coalicións á xunta electoral.
Falece un traballador do porto exterior da Coruña esperando atención médica. O operario, de 38 anos, sufriu unha indisposición e tivo que agardar máis de media hora para ser atendido por unha ambulancia pola carencia de servizo sanitario nas instalacións, informa Radio Coruña
O xulgado acepta a adhesión da Deputación da Coruña ao proceso para reclamar a propiedade do Pazo de Meirás á familia Franco iniciado polo Estado. A institución provincial súmase así ao Concello de Sada e a Xunta, xa adheridos á mesma demanda.
Guadi Galego recibe hoxe o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado, que conceden os gobernos de todas as autonomías plurilingües. É galardoada por ‘Immersión’: un disco de “catarse emocional” para situar as linguas peninsulares “á altura dos afectos”
5A | A CRTVG propón celebrar un debate electoral "en horario de máxima audiencia" entre "as principais forzas políticas galegas" o día 23 de marzo, primeiro luns da campaña. A corporación pública sinala que agardará ao peche de candidaturas para especificar a que forzas políticas se refire. O último debate electoral en prime time que ofreceu a CRTVG foi o das eleccións galegas de 2016; nos seguintes comicios, optou por emitilos ás 10 da mañá.