Dimite a alcaldesa de Vilalba. A socialista Elba Veleiro presentou este luns a súa dimisión e por tanto a renuncia á súa acta ante o pleno da corporación. Puxo fin a 16 anos de actividade política na localidade tras lograr converterse no ano 2019 na primeira alcaldesa muller na democracia en Vilalba. Veleiro explicou que "quería volver á miña profesión especialmente nun momento no que a sanidade necesita máis profesionais” e asegurou que xa tiña cumpridas as responsabilidades que asumira tras conseguir dúas alcaldías progresistas para Vilalba.
HEMEROTECA | ENTREVISTA: Elba Veleiro: “A maioría absoluta do PP en Vilalba nos últimos 40 anos viña enlazada ás mesmas familias que os 40 anos anteriores da ditadura”
