Marine Le Pen, inhabilitada 5 anos ao ser condenada por desvío de fondos públicos do Parlamento Europeo. O tribunal considera probado que doce persoas contratadas como asistentes do grupo parlamentario desta formación da extrema dereita na Eurocámara en realidade traballaban para o partido. En total, a sentenza eleva a 2,9 millóns o montante desviado, 474.000 euros impulsables a Le Pen, que con esta inhabilitación fica fóra da carreira das presidenciais francesas de 2027. Na imaxe, Marine Le Pen durante un debate no Parlamento Europeo en 2015. [CC BY-NC-ND Parlamento Europeo]
