O Goberno de España ultima o recurso contra o veto da pesca de fondo na UE pero rexeita solicitar a suspensión cautelar da medida. Así o asegurou o ministro de Agricultura e Pesca, Luis Planas, nunha entrevista na Cadena SER.
Fálase
O Brasil celebra hoxe unhas polarizadas eleccións nas que Lula é favorito para recuperar a presidencia. O ex-presidente aspira mesmo a gañar xa na primeira volta e derrotar o ultradereitista Jair Bolsonaro.
Yolanda Díaz desvela "abusos contractuais" en conserveiras galegas detectados por inspeccións de Traballo antes da entrada en vigor da reforma laboral. A ministra revela "abusos da precariedade", como o uso irregular de determinadas modalidades de contrato, durante un encontro de CCOO en Vigo sobre as condicións laborais das traballadoras do sector conserveiro. Foto: Podemos Galicia.
A débeda da Xunta aumentou en 509 millóns de euros no segundo trimestre de 2022 e queda en 11.823, o que supón 247 millóns menos que no mesmo trimestre de 2021. Isto implica que a débeda equivale ao 17,7% do produto interior bruto galego, tres décimas máis que no trimestre anterior e 1,1 puntos menos que un ano antes. Para o conxunto das Administracións do Estado, a débeda sitúase en 1.475 billóns e supón o 116,1% do PIB, 1,24 puntos menos que no trimestre anterior e 6,96 puntos menos que no mesmo período de 2021. Son datos do Banco de España.
O Estado solicita a un xulgado da Coruña que impida aos Franco retirar os 564 bens que reclamou na demanda presentada nun xulgado de Madrid. A Avogacía do Estado pide que se limite a entrega de bens a "aqueles que non foron obxectivo de reclamación" pola súa parte.
Alberto Ramos gaña a XVI edición do Premio de Narrativa Breve Repsol baixo o lema Os corpos de Romanov. Matthias Lentz. O xurado destaca que se trata dunha novela "na que o azar das relacións humanas xunta unha serie de personaxes, solidamente construídos, nos que se reflicten as inquedanzas e os traumas individuais e colectivos do pasado". As obras do xornalista e escritor, tamén colaborador de Praza.gal, xa foron merecentes de varios premios con anterioridade, tales como o Biblos con Dor Pantasma, Con acuse de recibo (premio novela La Voz de Galicia), Todos os días (Premio Vicente Risco), Máscaras Rotas para Sebastián Nell (Premio García Barros) e A simetría das bestas (premio Vicente Risco). Esta nova obra será publicada por Galaxia. [Imaxe: © Sabela Iglesias]
As fugas nos gasodutos Nordstream provocan un desastre ambiental no mar Báltico. A UE dá por feito que se trata dunha sabotaxe no marco da guerra da Ucraína. [Imaxe: © Danish Defence Command]
O TSXG acepta o recurso d'A Mesa pola Normalización Lingüística e revoga a prohibición de que o colectivo se manifeste na na Toxa este xoves (19h), ditaminada pola subdelegación do Goberno de España en Pontevedra. Na mobilización, A Mesa reivindicará que o Foro La Toja utilice o topónimo oficial da illa grovense. Na imaxe, mobilización polo mesmo motivo en 2021.
Feijóo reuniuse en segredo a pasada semana co líder de Vox, Santiago Abascal. Así o vén de confirmar a dirección da formación de extrema dereita e tamén a cúpula popular, informa infoLibre Na imaxe, o ex-presidente con mandatarios autonómicos do PP, o pasado agosto nun mitin en Cerdedo-Cotobade.
- HEMEROTECA | Vox, como Jácome, xa non é "letal"
- HEMEROTECA | Feijóo culpa o PSOE do bipartito de PP e Vox en Castela e León
Un xulgado da Coruña abre a porta a que os Franco retiren bens do Pazo de Meirás. Permite trasladar os obxectos reclamados polo Estado a pasada semana ante un xulgado de Madrid, aínda que que non poderán facelo ata que a xustiza resolva sobre a medida cautelar presentada pola Avogacía do Estado.