As fugas nos gasodutos Nordstream provocan un desastre ambiental no mar Báltico. A UE dá por feito que se trata dunha sabotaxe no marco da guerra da Ucraína. [Imaxe: © Danish Defence Command]
Fálase
O TSXG acepta o recurso d'A Mesa pola Normalización Lingüística e revoga a prohibición de que o colectivo se manifeste na na Toxa este xoves (19h), ditaminada pola subdelegación do Goberno de España en Pontevedra. Na mobilización, A Mesa reivindicará que o Foro La Toja utilice o topónimo oficial da illa grovense. Na imaxe, mobilización polo mesmo motivo en 2021.
Feijóo reuniuse en segredo a pasada semana co líder de Vox, Santiago Abascal. Así o vén de confirmar a dirección da formación de extrema dereita e tamén a cúpula popular, informa infoLibre Na imaxe, o ex-presidente con mandatarios autonómicos do PP, o pasado agosto nun mitin en Cerdedo-Cotobade.
- HEMEROTECA | Vox, como Jácome, xa non é "letal"
- HEMEROTECA | Feijóo culpa o PSOE do bipartito de PP e Vox en Castela e León
Un xulgado da Coruña abre a porta a que os Franco retiren bens do Pazo de Meirás. Permite trasladar os obxectos reclamados polo Estado a pasada semana ante un xulgado de Madrid, aínda que que non poderán facelo ata que a xustiza resolva sobre a medida cautelar presentada pola Avogacía do Estado.
PP e PSdeG aproban a Lei de Áreas Empresariais, unha norma para ordenación urbanística dos polígonos industriais que permite á Xunta primar algúns parques eólicos e concellos que baixen impostos ás empresas, unha norma que para o BNG é unha "chapuza".
O primeiro ministro portugués, António Costa, anuncia que este mércores presentará no Porto o trazado da liña de alta velocidade a Vigo, segundo conta a axencia Lusa. A actuación está enmarcada no Plano Nacional Ferroviário aínda non aprobado que está a deseñar Portugal.
Feijóo atribúe a dimisión do presidente de RTVE a un "control férreo" por parte de Pedro Sánchez nos medios públicos, onde "ou fas o que che mandan, ou bótante", afirma. Como presidente da Xunta, o agora líder do PP asegurou ignorar as mobilizacións de persoal da CRTVG contra a manipulación informativa e polo cumprimento da lei de medios públicos
- AMPLIAMOS 👉 Feijóo denuncia o "control férreo" de Sánchez en TVE tras catro anos de 'venres negros' e unha condena por represalias na TVG
- O TSXG ratifica que a CRTVG sancionou un traballador en represalia por mobilizarse nos 'venres negros'
- HEMEROTECA | Feijóo di que "non sabe que segue" a mobilización de persoal da CRTVG, que xa dura 95 semanas
- HEMEROTECA (2015) | Feijóo coa nos orzamentos unha norma para que o PP siga controlando a dirección da RTVG
Putin concédelle a cidadanía rusa a Edward Snowden, perseguido pola xustiza estadounidense por revelar en Wikileaks información sobre a espionaxe levada a cabo dende a NSA (a axencia nacional de seguridade dos Estados Unidos). O exanalista de Intelixencia norteamericano é un máis nunha listaxe de persoas ás que o presidente ruso lles outorgou a condición de cidadáns a través dun decreto asinado este luns. [Fotografía CC-BY-SA Wikipedia]
Dimite o presidente de RTVE. José Manuel Pérez Tornero presentará este luns a súa renuncia como máximo dirixente da radiotelevisión pública española, cargo que ocupaba desde marzo de 2021 tras substituír a Rosa María Mateo.
Ángel Carracedo, premio Otero Pedrayo 2022. O galardón, coorganizado pola Xunta e as catro deputacións, distingue a traxectoria científica do investigador e catedrático, cuxa candidatura foi impulsada pola Deputación da Coruña. "É unha das principais figuras da historia da ciencia galega e un home comprometido co seu tempo, disposto sempre a participar en liñas de traballo que contribúan á mellora da nosa sociedade", destaca Xurxo Couto, deputado de Cultura da institución coruñesa. [Imaxe: © USC]