Alberto Ramos gaña a XVI edición do Premio de Narrativa Breve Repsol baixo o lema Os corpos de Romanov. Matthias Lentz. O xurado destaca que se trata dunha novela "na que o azar das relacións humanas xunta unha serie de personaxes, solidamente construídos, nos que se reflicten as inquedanzas e os traumas individuais e colectivos do pasado". As obras do xornalista e escritor, tamén colaborador de Praza.gal, xa foron merecentes de varios premios con anterioridade, tales como o Biblos con Dor Pantasma, Con acuse de recibo (premio novela La Voz de Galicia), Todos os días (Premio Vicente Risco), Máscaras Rotas para Sebastián Nell (Premio García Barros) e A simetría das bestas (premio Vicente Risco). Esta nova obra será publicada por Galaxia. [Imaxe: © Sabela Iglesias]
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/5b3f9bc6dd40e-ramoscortado-4d25827.jpeg)