Competencia autoriza que o BBVA merque o Banco Sabadell, pero con condicións que deixan o visto e prace definitivo á operación nas mans do Goberno de España. Entre os compromisos que o BBVA di asumir está crear unha conta para "clientes vulnerables" ou "non abandonar ningún municipio no que, como consecuencia da operación, estea presente algunha das partes cunha soa oficina competidora". BBVA e Sabadell suman 180 sucursais en Galicia e operan á vez en 43 concellos. Onde máis coinciden é nas cidades da Coruña e Vigo e nunha trintena de concellos máis teñen cadansúa oficina
