Red Eléctrica descarta que o apagamento se producira por un “incidente de ciberseguridade”, indicando que non se produciu "ningún tipo de intrusión no sistema de control de Red Eléctrica". Tamén desbota "completamente" a posibilidade de que o problema tivera a súa orixe nalgún tipo de fenómeno meteorolóxico, como unha alteración súbita das temperaturas, como foi apuntado por algunhas persoas. Eduardo Prieto, responsable da empresa, explicou nunha comparecencia ante os medios de comunicación que aínda non finalizou a investigación sobre o que puido suceder e sinalou que “pode levar tempo" coñecer con exactitude o acontecido.
