"Amor de auga lixeira", do IES Rafael Dieste, gaña o premio Imaxina. O proxecto do alumnado de 3º da ESO do Instituto Rafael Dieste, baixo a coordinación da profesora Mónica Reixía, obtén o galardón da feira científica en recoñecemento ao seu compromiso social. "Amor de auga lixeira" é unha iniciativa que procura a reivindicación e recuperación das fontes tradicionais da cidade mediante: análise da calidade das augas, estudo de potabilidade, creación de contidos dixitais, catalogación patrimonial ou elaboración de roteiros. O premio inclúe material dixital, 500 euros para gasto en material de laboratorio e a viaxe ao País Vasco para participar na feira científica Zientzia Azoka de Bilbao.
- "O Dépor é da Coruña": 'Aquí tamén se fala' aprema o club a usar o topónimo oficial nunha ambiciosa campaña
- Aquí tamén se canta en galego: a iniciativa do IES Rafael Dieste trae agora un festival gratuíto
- REPORTAXE | Cando a mocidade asume a dinamización da lingua: ‘Aquí tamén se fala’ chega a 150 institutos
