Ratificada a condena ao editor de La Región por dar unha puñada a Jácome. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestima o recurso de Óscar Outeiriño contra a sentenza da Audiencia de Ourense que o condenou o pasado decembro como autor dun delito leve de lesións e o absolveu de atentado á autoridade. No xuízo, Outeiriño desculpouse e atribuíu o golpe a "provocacións" previas do líder de DO. A condena supón unha multa de 600 euros e unha indemnización de 3.180 euros.
