Os premios Follas Novas recoñecen a Rosa Aneiros en narrativa, María Landesa en poesía e Paula Carballeira en teatro. Os premios Follas Novas do Libro Galego veñen de entregar os seus galardóns anuais no Teatro Principal de Santiago. O premio á obra de narrativa foi para A noite das cebolas, de Rosa Aneiros (Edicións Xerais de Galicia). O premio ao libro de poesía recoñeceu Os pozos elegantes das clavículas, de María Álvarez Landesa (Alvarellos Editora). E o premio ao libro de teatro foi para Ubasute, de Paula Carballeira (Editorial Galaxia).
- AMPLIACIÓN | Os Follas Novas premian a Rosa Aneiros en narrativa, María Landesa en poesía e Paula Carballeira en teatro
- Os Premios Follas Novas recoñecen a Susana S. Arins ou Silvia Penas nunha edición dominada polas escritoras
- Berta Dávila, Ledicia Costas, Antía Otero, Eva Mejuto: os Premios Follas Novas do libro galego son das mulleres