Científicos do CSIC de Vigo e Baleares documentan o caso máis completo rexistrado pola ciencia dun polbo cun brazo bifurcado funcional no seu hábitat natural. Persoal do grupo ECOBIOMAR do Instituto de Investigacións Mariñas e do Centre Oceanogràfic de Balears, no marco do proxecto ECOSUMA, examinaron o cefalópodo in situ a través de vídeos submariños e estudaron a súa conduta para saber como empregaba os seus brazos ao longo do tempo. "O feito de que este polbo adapte o seu comportamento e reorganice o uso dos seus brazos de forma funcional suxire mecanismos neuronais complexos que poderían inspirar novas aplicacións en robótica, neurociencia e medicina regenerativa", avanzan os investigadores, que publicaron as súas conclusións na revista Animals. [📸📹 Hidde Juijn]
Fálase
O Goberno de España prohibe o rexistro nos consulados de crianzas nadas por ventre de alugueiro, aínda que si poderían ser adoptadas no Estado. O Ministerio de Xustiza prevé "evitar a súa mercantilización".
O propietario de Sargadelos, Segismundo García, increpa a José Ramón Gómez Besteiro por realizar declaracións aos medios no "terreo da propiedade" da empresa en Cervo, onde o secretario xeral do PSdeG acudiu canda outros cargos do partido para apoiar o persoal. "Poña un marco que diga propiedade privada", ironizou o líder socialista en resposta a García. O empresario, sinala o partido, "tentou interromper a gravación". [Imaxe: PSdeG]
- 📺 AMPLIAMOS - CON VÍDEO 👉 O dono de Sargadelos increpa a Besteiro mentres esixe coñecer "que tipo de acordo" ten coa Xunta
- HEMEROTECA | Sargadelos pacta coa Xunta "a maior flexibilidade" nas "posibles melloras" para volver producir en Cervo
- HEMEROTECA | Falan as traballadoras de Sargadelos en Cervo: "Os valores do inicio están desaparecidos"
Este mércores é unha xornada de alerta amarela por treboadas en gran parte de Galicia. MeteoGalicia sinala que a "chegada dunha fronte desde o sur mesturará o aire cálido destes días co aire máis frío da borrasca producindo inestabilidade e tormentas". Nesta ligazón, o detalle dos avisos meteorolóxicos para hoxe. Nas imaxes, de MeteoGalicia, os concellos en alerta amarela e as chuvias previstas.
Rueda confirma que este mércores, 30 de abril, "todos os centros educativos e escolas infantís funcionarán con normalidade". O presidente ratifica, ademais, que a xestión da emerxencia volve pasar á Xunta tras considerar o Goberno de España que xa non se dan as circunstancias para seguir retendo o control nas autonomías que solicitaron o denominado nivel 3, entre elas Galicia. O titular do Executivo galego informa, asemade, de que "todas as tramitacións administrativas de procedementos que rematasen onte ou hoxe" serán ampliadas en dous días para compensar o posible impacto do apagamento. Na imaxe, Rueda no serán deste martes en San Caetano. [CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
A Xunta eleva a seis as mortes durante o apagamento. O vicepresidente Diego Calvo suma tres falecementos máis "por distintas circunstacias" aos dos tres membros dunha familia veciña de Taboadela no período de tempo no que Galicia permaneceu sen electricidade. Desde a central de emerxencias do 112 Calvo informou de que os falecidos foron un home de 59 anos que padecía varias patoloxías e foi localizado sen vida no seu fogar en Ferrol, un home de 80 anos que faleceu durante a noite en Betanzos e outro de 86 que morreu esta mañá en Dumbría. [📸 David Cabezón / Xunta]
Morren tres persoas en Taboadela (Ourense) debido a unha posible intoxicación por monóxido de carbono causada pola mala combustión dun xerador eléctrico durante o apagamento. A familia acendera o aparello para poder manter en funcionamento unha máquina de respiración asitida que necesitaba un dos tres falecidos.
Red Eléctrica descarta que o apagamento se producira por un “incidente de ciberseguridade”, indicando que non se produciu "ningún tipo de intrusión no sistema de control de Red Eléctrica". Tamén desbota "completamente" a posibilidade de que o problema tivera a súa orixe nalgún tipo de fenómeno meteorolóxico, como unha alteración súbita das temperaturas, como foi apuntado por algunhas persoas. Eduardo Prieto, responsable da empresa, explicou nunha comparecencia ante os medios de comunicación que aínda non finalizou a investigación sobre o que puido suceder e sinalou que “pode levar tempo" coñecer con exactitude o acontecido.
Este martes hai 3 anos da dimisión de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta. Foi o primeiro presidente que deixou voluntariamente o cargo, para pasar a liderar o PP a nivel estatal logo da dimisión forzada de Pablo Casado por querer investigar presuntas irregularidades da presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso.
- HEMEROTECA (29/4/2022) | Dimite Alberto Núñez Feijóo, quinto presidente da Xunta de Galicia
APAGAMENTO | A Xunta garante os servizos sanitarios "grazas aos grupos electróxenos". O presidente Rueda activa o Plan de Emerxencias de Galicia.