Rueda confirma que este mércores, 30 de abril, "todos os centros educativos e escolas infantís funcionarán con normalidade". O presidente ratifica, ademais, que a xestión da emerxencia volve pasar á Xunta tras considerar o Goberno de España que xa non se dan as circunstancias para seguir retendo o control nas autonomías que solicitaron o denominado nivel 3, entre elas Galicia. O titular do Executivo galego informa, asemade, de que "todas as tramitacións administrativas de procedementos que rematasen onte ou hoxe" serán ampliadas en dous días para compensar o posible impacto do apagamento. Na imaxe, Rueda no serán deste martes en San Caetano. [CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
