Falece o poeta e profesor lugués Arcadio López Casanova (Lugo, 1942) en Valencia. Escritor, crítico literario e profesor de Literatura Española na Universitat de València, pertenceu á xeración de escritores dos 'Novísimos do 68'. Entre as súas obras, destaca a publicación de Mesteres en 1976. López Casanova [Fotografía © Galipedia] é Académico de honra da Real Academia Galega e conta con numerosos recoñecementos, como o Premio da Crítica de creación literaria por Liturxia do corpo (1984) ou o Premio Cultura Galega das Letras de 2011.
- ENTREVISTA (2016) | Arcadio López-Casanova: “Non se pode someter a poesía a valores ideolóxicos”