A TVG anuncia a emisión este luns (23:00) dun especial titulado O meu último verán en Sanxenxo. O rei en Galicia centrado en Juan Carlos I e nos aspectos "máis curiosos das súas múltiples visitas a Sanxenxo", así como na súa "afección ao mundo da vela", todo tras a súa controvertida última viaxe á vila do Salnés. Abordará tamén, avanza, a "orixe da súa amizade" co regatista Pedro Campos. Na nota oficial divulgada pola canle pública non se especifica se o espazo se deterá tamén nos escándalos que atinxiron ao anterior xefe do Estado nos últimos anos, aos casos de fraude fiscal ou aos fondos opacos que manexou. [Imaxe: © TVG]
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/omeultimovernensanxenxo-ab5e2c8.jpeg)