VÍDEO | Así soa o novo de The Homens. Once anos despois do seu último disco, regresan coa súa formación orixinal e un tema e videoclip estival, 'Verán sen fin', que estrean este venres en VINTE
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/ydd-aaie-bd7dbd8.jpeg)
VÍDEO | Así soa o novo de The Homens. Once anos despois do seu último disco, regresan coa súa formación orixinal e un tema e videoclip estival, 'Verán sen fin', que estrean este venres en VINTE
A Comisión Interuniversitaria de Galicia publica as cualificacións da selectividade. Pódense consultar nesta ligazón. A porcentaxe de aprobados é do 88%, un chisco por baixo de anos anteriores, nos que tamén se presentara menor número de estudantes. Na imaxe, un dos exames en Vigo.
Betanzos suspende a feira mensual que tería que celebrarse na vila hoxe, día 16, pola existencia de 6 casos de coronavirus na vila, "catro dunha mesma familia e outros dous veciños que residen na mesma vivenda". "Estes dous casos non teñen relación ningunha entre eles", sinala o goberno local nun comunicado, no que sinala que está á espera de máis datos da Xunta, xa que "recibe a información, case sempre, despois de ser publicada nos medios de comunicación".
Os principais poderes do Estado e todos os presidentes e presidentas das comunidades autónomas participaron esta mañá en Madrid na homenaxe ás vítimas mortais da pandemia do coronavirus. Na cerimonia interviñeron o familiar dun falecido na pandemia, unha traballadora da sanidade pública e o rei. (Imaxe: Congreso dos Deputados).
Falece Elvira Varela Bao, memoria das Irmandades da Fala e das vítimas da represión franquista en Galicia. Era a filla da mestra Elvira Bao e do mariño Bernardino Varela, ambos perseguidos tras o golpe de 1936 pola súa militancia galeguista. Imaxe tirada dunha entrevista realizada en 2014 pol'A Gentalha do Pichel, gravación dispoñible nesta ligazón. En 2013 foi recoñecida como Republicana de Honra.
O Concello da Coruña aprobará no vindeiro pleno a recuperación do topónimo do barrio de Xuxán para o coñecido como Parque Ofimático. Así o resolveu a Comisión de Honras e Distincións celebrada onte. A decisión baséase nun traballo do seminario de Onomástica da RAG que recompilou medio cento de topónimos da contorna. En Praza.gal entrevistamos o autor do informe, Iván Méndez.
Unha quincena de medios de comunicación, entre eles Praza.gal, piden ao CIS que volva preguntar a opinión cidadá sobre a monarquía e o faga mediante unha enquisa monográfica. A petición íntegra foi formulada a través dunha carta que se pode consultar nesta ligazón.
Zara lanza unha liña de prendas ilustradas con caligramas de Uxío Novoneyra. No proxecto colabora a Fundación Uxío Novoneyra, que vela polo legado do poeta do Courel.
A Xunta autoriza este martes no DOG a reapertura este mércores 15 das residencias xuvenís, albergues e campamentos xuvenís e residencias de tempo libre. Tamén este mércores reabrirán os centros de día tras as críticas das familias e profesionais e varios cambios de criterio do Goberno galego, que o anunciou ao comezo da campaña electoral.
Neste espazo ao vivo podes ver como fomos contando os principais feitos da xornada de votación do 12X, unhas eleccións galegas inéditas.