A Xunta colabora coa plataforma de vídeo a demanda en liña Filmin e crea un apartado monográfico con películas, series e curtametraxes de autoría galega, xunto con filmes que se poden ver dobrados ou subtitulados ao galego. A canle Cinemas_GAL recompila pezas audiovisuais dispoñibles na plataforma e agrupa os contidos en categorías como 'éxitos recentes do cine galego' ou 'o mellor cine europeo en galego'. Poden verse filmes estreados en 2023 como Matria, de Álvaro Gago, ou películas como O que arde, Lúa Vermella, O corpo aberto, Dhogs, 9 Fugas, Nación, Valentina ou Dorothè na vila.