A Xunta abre perfil en Tik Tok para tentar chegar á mocidade. O Goberno galego di prever compartir nesta rede "publicacións de temática cultural, económica, medioambiental ou científica, así como vídeos de concienciación sobre cuestións como a violencia de xénero ou o fomento do uso da lingua galega". Acompaña a súa primeira entrada con Take Me Out, de Franz Ferdinand
