A Fiscalía da Coruña abre de oficio dilixencias de investigación polas ameazas de bomba en centros escolares. "As dilixencias teñen por obxecto recompilar a información dispoñible sobre os feitos e analizala de maneira conxunta para esclarecer quen está detrás das ameazas", sinala o ministerio fiscal, que quere "centralizar a información sobre os feitos.