Hoxe comeza o confinamento perimetral de Ourense e Barbadás polo coronavirus e tamén as novas restricións en máis concellos da provincia ourensá. O DOG publicou a pasada noite a concreción das medidas

Hoxe comeza o confinamento perimetral de Ourense e Barbadás polo coronavirus e tamén as novas restricións en máis concellos da provincia ourensá. O DOG publicou a pasada noite a concreción das medidas
O Goberno de España presenta o seu plan para canalizar os fondos europeos de reconstrución que procurarán paliar os efectos da COVID-19. Segundo Pedro Sánchez, a intención do Executivo de PSOE e Unidas Podemos é concentrar a metade (72.000 millóns) no vindeiro trienio e asegura que aspira á creación de 800.000 postos de traballo. (Foto: Borja Puig de la Bellacasa / Goberno de España)
A Xunta confina Ourense e Barbadás. Os habitantes destes municipios "non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, educativos ou sanitarios". Ademais, prohíbense as xuntanzas de persoas non convivintes nos concellos de Barbadás, Verín e O Barco de Valdeorras, e na comarca do Carballiño, ademais de manter a mesma restrición na capital, onde xa estaban en vigor dende o pasado venres. Os casos de coronavirus nesta área sanitaria teñen unha incidencia que duplica a media galega. Ampliamos a información neste espazo
A patronal galega celebrará eleccións o vindeiro 24 de novembro logo de máis de dous anos sen elixir presidente. Así o asegura nun comunicado logo da decisión das reunións dos seus órganos directivos celebradas de xeito telemático.
'O que arde', de Oliver Laxe, preseleccionada para competir polos Oscar de Hollywood. A Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España inclúea na súa preselección xunto a 'El hoyo' e 'La trinchera infinita'. A decisión definitiva coñecerase o 3 de novembro.
A Audiencia Nacional condena a 8 anos de prisión ao ex-presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, por manipular as contas da empresa. A condena inclúe delitos de falsidade, estafa, falseamento de contas e alzamento de bens. Vén de confirmalo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Ampliamos a información neste espazo
O equipo do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur que probou con éxito o tratamento con litio para casos graves da COVID-19 lanza unha campaña de micromecenado para financiar as súas pescudas. O traballo encabezado polo neurocientífico Carlos Spuch precisa de 100.000 euros.
O día 12 de outubro, ás 8 da mañá, coñeceremos os resultados da enquisa sobre a monarquía impulsada por 16 medios de comunicación, entre eles Praza.gal.
O persoal de Alcoa inicia a folga indefinida desde a mañá deste domingo e impide a saída de aluminio do complexo da Mariña tras a ruptura das negociacións para a venda da fábrica e a falta de acordo polo ERE que pretende a multinacional.
Xunta e Concello de Santiago estudan abrir un novo proceso xudicial para recuperar as estatuas do Mestre Mateo, en propiedade dos Franco. Constituirán un grupo de traballo con expertos que analizarán a nova documentación achada sobre as pezas.