Unha manifestación convocada por máis de douscentos colectivos reclama este domingo en Santiago un novo modelo de desenvolvemento da enerxía eólica. O xoves Pontón e Formoso, líderes de BNG e PSdeG, propuxeron participación pública fronte á “especulación” privada, e o martes as principais organizacións ecoloxistas acusaron á conselleira de Medio Ambiente de ocultar o impacto do sector eólico.
