Tanxugueiras publican 'Desidia', o novo adianto do seu terceiro disco, que verá a luz nas vindeiras semanas, un tema que xa están a interpretar nos seus concertos. Na canción, que reivindica "a necesidade do autocoidado", colaboran Carla Cervantes e Justin de Jager, especializados en threading, un estilo de baile no que os corpos se enfían. No vídeo a danza é protagonista, o mesmo que no retrouso: “Ai!, bailar que eu vou guiar”.
Fálase
Nove microrrelatos gañan o certame convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal, que chega á súa quinta edición, con máis de 900 propostas presentadas nas tres categorías do concurso: infantil, xuvenil e adultos. As persoas gañadoras recibirán premios tecnolóxicos e os relatos premiados serán publicados na rede e mais na revista Luzes. A organización do certame destaca "o éxito de participación" e tamén a variedade temática, con textos ao redor da pandemia, a perda da memoria ou a descuberta infantil do galego
PARO REXISTRADO | As inscricións nas oficinas de emprego descenderon en 4.482 persoas en Galicia durante o mes de maio (-2,98%, un -3,29% na media estatal) e quedan en 146.120 persoas no paro, un -11,61% menos quen un ano antes (-22,70% no global estatal). En termos absolutos, son cifras inferiores ás previas á crise de 2008. No mesmo mes, a afiliación media á Seguridade Social aumentou en 6.751 persoas (+0,65%, un 1,07% no total estatal) e queda en 1,04 millóns, isto é, un 2,99% por riba do dato de doce meses antes (+5,01% na media).
Prisión provisional para o veciño de Carballo detido por agredir a súa muller o pasado luns. O home está sendo investigado por intento de homicidio e non poderá achegarse á vítima nin aos seus fillos, segundo ditaminou o xulgado de Instrución número 1 de Carballo, que lle suspendeu tamén a patria potestade, que asume en exclusiva a nai.
O Goberno de España prorroga ata outubro as medidas fronte á crise de prezos, entre elas o desconto na gasolina. A vixencia do actual decreto-lei remata o 30 de xuño, polo que o executivo deberá aprobar antes outro similar, que despois deberá ser convalidado no Congreso.
Tras dous requirimentos xudiciais a Xunta comunica que o xuízo de Angrois se celebrará na Cidade da Cultura. O xulgado advertiu hai unha semana de que o proceso estaba “paralizado” polo silencio do Goberno galego ao respecto, e este mércores o vicepresidente segundo, Diego Calvo, vén de asegurar que o seu departamento xa respondeu “formalmente”.
Unha Muralla vacúa na cidade con máis vacas. A empresa láctea Casa Grande de Xanceda e o Concello de Lugo conmemoraron a pasada noite o Día do Leite, que se celebra o 31 de maio, cunha proxección nos cubos que flanquean a porta de Santiago da Muralla lucense. Lugo, explican, foi a elixida para a conmemoración por ser a capital da provincia galega con máis vacas (263.021, segundo os datos máis recentes) e tamén a cidade de Galicia con máis cabezas deste gando, 9.631.
A escritora viguesa Ledicia Costas gaña o Premio Lazarillo 2021 coa novela A lebre mecánica, que publicarán Edicións Xerais en galego e a Editorial Anaya en castelán no vindeiro outono. Estes galardóns, que recoñecen a literatura e a ilustración para público infantil e xuvenil, son outorgados pola Organización Española Para el Libro Infantil (OEPLI) e tamén galardoaron nesta 62ª edición o ilustrador Víctor Jimeno polo álbum ilustrado Y tú, ¿de qué color lo ves?.
Esta é a terceira ocasión na que Ledicia Costas recibe o Lazarillo, que xa obtivo coa novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (Xerais, 2016) e con A balada dos unicornios (Xerais, 2018). [Na foto, a entrega dos premios no marco da Feira do Libro de Madrid © Mcdonald’s]
A escritora Maria Canosa, a Asociación de Escritores e Escritoras as en Lingua Galega (AELG) e o proxecto Brazolinda, gañadoras dos XIII Premios Rosalía de Castro de Lingua que convoca a Deputación da Coruña. Cada ano, o certame recoñece persoas e iniciativas polo seu labor "n promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico de Galiza". Na imaxe, os membros do xurado desta edición: María Muíño, delegada especial de Igualdade e Normalización Lingüística da Deputación; Alexandre Marín, técnico de normalización lingüística de Culleredo, e mais os representantes de dous dos proxectos gañadores en 2021, Carmen Denébola (Agrupación Ío) e Carlos García (Twitter en Galego).
O PP confirma que Feijóo paralizou a venda da sede central do partido, na madrileña rúa de Génova porque "os edificios non teñen culpa de nada". Pablo Casado anunciara a súa venda para desligar o partido dos casos de corrupción e uso de diñeiro negro na trama Gürtel. O ex-presidente da Xunta xa afirmara, aínda con Casado como líder do partido, que esa venda non parecía "razoable" e cinguira os casos de corrupción a "problemas por algunhas persoas ou dirixentes". [Imaxe: Praza.gal]
- HEMEROTECA | A aposta de Feijóo pola imaxe do PP fronte á loita contra a corrupción impúlsao cara á presidencia do partido
- HEMEROTECA | Bárcenas atribúe á contabilidade 'b' 2 millóns en doazóns do PP galego datadas cando Feijóo xa o presidía
- HEMEROTECA | A sentenza de Gürtel describe fraude no PP dende a súa fundación