A escritora viguesa Ledicia Costas gaña o Premio Lazarillo 2021 coa novela A lebre mecánica, que publicarán Edicións Xerais en galego e a Editorial Anaya en castelán no vindeiro outono. Estes galardóns, que recoñecen a literatura e a ilustración para público infantil e xuvenil, son outorgados pola Organización Española Para el Libro Infantil (OEPLI) e tamén galardoaron nesta 62ª edición o ilustrador Víctor Jimeno polo álbum ilustrado Y tú, ¿de qué color lo ves?.
Esta é a terceira ocasión na que Ledicia Costas recibe o Lazarillo, que xa obtivo coa novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (Xerais, 2016) e con A balada dos unicornios (Xerais, 2018). [Na foto, a entrega dos premios no marco da Feira do Libro de Madrid © Mcdonald’s]