Unha Muralla vacúa na cidade con máis vacas. A empresa láctea Casa Grande de Xanceda e o Concello de Lugo conmemoraron a pasada noite o Día do Leite, que se celebra o 31 de maio, cunha proxección nos cubos que flanquean a porta de Santiago da Muralla lucense. Lugo, explican, foi a elixida para a conmemoración por ser a capital da provincia galega con máis vacas (263.021, segundo os datos máis recentes) e tamén a cidade de Galicia con máis cabezas deste gando, 9.631.
