Atopan na ría de Arousa por primeira vez un exemplar de Odontaspis ferox, un tiburón que acostuma habitar as augas máis cálidas do océano Atlántico e do Pacífico. Trátase dunha hembra adulta [na foto, © CEMMA/Diversimar] de 3,3 metros de lonxitude que se adentrou na ría e quedou varada en Vilanova de Arousa, segundo informaron desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). É unha especie vulnerable que figura na listaxe vermella internacional de especies ameazadas, que xestiona a IUCN (a unión internacional para a conservación da natureza).
