Liberada Ana Baneira, a moza coruñesa detida en Irán o pasado novembro durante as protestas pola morte de Mahsa Amini. Así o avanzaron as axencias EFE e Europa Press citando fontes do Ministerio de Exteriores e así o puido confirmar Praza.gal de fontes próximas á familia. Baneira xa se atopa fóra de Irán, en Dubai, e prevese a súa chegada para este mesmo domingo. Máis información, hoxe en Praza.
