A Consellería de Emprego e Igualdade transfire á de Sanidade os fondos europeos que o Ministerio de Igualdade lle asignou en 2022 para abrir centros de atención 24 horas para vítimas de violencia sexual. A principios do pasado ano a conselleira María Jesús Lorenzana dixera prever que estes centros serían catro, un por provincia, e agora concreta xunto ao de Sanidade, Julio García Comesaña, que se situarán nas áreas sanitarias de Ferrol, Lugo, Santiago e Vigo. Ligalos ao Sergas, defende a Xunta, "facilitará unha mellor coordinación dos servizos na atención de emerxencia ás posibles vítimas de violencia sexual".
- "A lei de liberdade sexual nunca pretendeu castigar máis como obxectivo principal, pretende protexer mellor"
- "É acoso no momento que lle dis que non": medra a violencia sexual ligada ao uso das redes sociais
- HEMEROTECA | Galicia terá catro dos centros de atención 24 horas para vítimas de violencia sexual, financiados cos fondos europeos
